![]() |
|||
|
|||
|
Rosa
Aneiros Díaz
está licenciada en Ciencias da Información pola Facultade de Xornalismo
de Santiago de Compostela (promoción 1994-1998).
Actualmente realiza o segundo ano dos cursos de Doutoramento Xornalismo Audiovisual na Era Dixital. Realidade e Ficción (bienio 1998-1999) cun traballo academicamente dirixido polo profesor Manuel Martínez Nicolás que se engloba baixo o epígrafe: “A recepción de prensa electrónica. Investigación cualitativa sobre estudiantes universitarios”. Na liña desta investigación, participou nas séptimas xornadas da Asociación de Jóvenes Investigadores en Comunicación celebradas en Santiago de Compostela no mes de febreiro de 2000 co relatorio “Metodoloxía da investigación cualitativa sobre usuarios de prensa electrónica”. Colabora como correspondente da guía interactiva de Santiago de Compostela Wcities.com (http://www.wcities.com) coa realización de contidos e actualización das entradas relativas á cidade. Esta empresa recolle datos sobre lecer e turismo de máis de 200 cidades do mundo. No eido xornalístico colabora esporadicamente cos medios A Trabe de Ouro, Tempos Novos, InteresArte, Vieiros e Outras Vozes e é asesora na relación cos medios informativos da Asociación Galega de Axuda ó Sahara. Ten publicadas varias obras de carácter literario e participou, xunto con outros investigadores, en diversos estudios colectivos sobre a comunicación en Galicia como é o caso do estudio crítico de El Catón Compostelano ou A comunicación en Galicia 2000, ámbolos dous editados polo Consello da Cultura Galega.
|
|||